A Xunta aproba as novas tarifas da AG-55 e a AG-57

25 Janeiro 2022. A Xunta de Galicia aprobou a actualización das tarifas das autoestradas dependentes da Administración autonómica, que inclúen no caso das Autoestradas de Galicia (AG-55 e AG-57) un incremento do 2,5% a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2022. Para contrarrestar os efectos da crise e aumentar a competitividade, a Axencia Galega de Infraestruturas realizará unha achega extraordinaria á empresa concesionaria para paliar o impacto do incremento da peaxe en 2022 nos usuarios das autoestradas AG-55 e AG-57.

Autoestradas de Galicia mantén as bonificacións acordadas coa Xunta de Galicia o pasado agosto de 2021, tanto para vehículos lixeiros como para vehículos pesados. O acordo contempla tres tipos de descontos: para familias numerosas, para condutores frecuentes e para horario nocturno. Os usuarios que desexen beneficiarse dos mesmos deberán dispoñer dun sistema de peaxe electrónico, ter o dispositivo Vía-T correctamente colocado e que se corresponda coa matrícula do vehículo. Este último requisito aplícase no caso do desconto por familia numerosa. Consulta aquí os descontos de Autoestradas de Galicia.

O tráfico da AG-55 rexistrou 12.989 vehículos diarios de media en 2021, un 34,9% máis que en 2020 e un -0,7% das cifras rexistradas en 2019. A AG-57 alcanzou os 7.951 vehículos diarios de media, 23,7 % superior ao de 2020 e un 1,6% inferior ao de 2019.

Consulte aquí as tarifas 2022 de Autoestradas de Galicia

Novos descontos na AG-55 e na AG-57

10 de agosto de 2020. Os novos descontos da AG-55 e da AG-57 aplícanse a partir das 0,00 horas do próximo 11 de agosto. Autoestradas de Galicia e a Xunta de Galicia chegaron a un acordo para a aplicación de novas bonificacións nas peaxes, tanto para vehículos lixeiros como pesados. O convenio recolle tres tipos de descontos: para familias numerosas, para condutores frecuentes e para horario nocturno. Os usuarios que desexen beneficiarse dos mesmos deben dispor dun sistema de telepeaxe, levar o dispositivo Vía-T correctamente colocado e que este sexa o que corresponde á matrícula do vehículo.

As familias numerosas que empreguen un vehículo lixeiro e como sistema de pago o Vía-T non abonarán a viaxe de volta, sempre que a abonen dentro dun prazo máximo de 24 horas dende o paso pola peaxe no desprazamento de ida.  Ademais, deberán estar en posesión do título oficial de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia, solicitar a alta no apartado correspondente de Autoestradas de Galicia  e dispor dun certificado de titularidade do dispositivo Vía-T expedido pola entidade na que se adquiriu o mesmo e no que se inclúa a súa vixencia. Os descontos por familia numerosa aplícanse todos os días do ano.

Os usuarios que non sexan familia numerosa percibirán en días laborables (a excepción de domingos e festivos) un desconto do 25% na primeira viaxe de volta e un 50% nas seguintes de retorno.

Ademais, as autoestradas galegas reducen un 50% o custo da peaxe, tanto na ida como na volta, en horario nocturno (entre as 0,00 e as 6,00 horas).

Estes tres tipos de bonificacións son financiados pola Xunta de Galicia.

O desconto non se aplicará no caso de que o cliente leve o OBE caducado ou non o leve correctamente colocado no vehículo. Asemade, o desconto tampouco se aplicará no caso de que o usuario empregue un vehículo ou un OBE distinto ao comunicado á sociedade concesionaria ou esqueza levar o dispositivo no vehículo.

Para beneficiarte do desconto por familia numerosa date de alta aquí.

 

Resumo dos novos descontos:

 

Consulta aquí a publicación das bonificacións no Diario Oficial de Galicia (DOG)

Medidas para evitar contaxios de coronavirus na AG-55 e AG-57

13.03.2020.

Autoestradas de Galicia establece dende hoxe as vías automática e dinámica como formas de pagamento preferente nas peaxes da AG-55 e AG-57 –un sistema que permite, ademais da telepeaxe, o abono con tarxeta bancaria, o abono con tarxeta mediante a tecnoloxía contactless ou en efectivo a través das máquinas habilitadas, que inclúen a posibilidade da devolución do importe–, e mantén a presenza de persoal de apoio para asistir aos conductores en caso de necesitalo. A medida foi adoptada como método preventivo fronte á expansión do coronavirus para a protección dos profesionais das autoestradas e de todos os usuarios.

A resolución foi aprobada conxuntamente co comité de empresa de Autoestradas de Galicia tras informar ao inspector da Axencia Galega de Infraestruturas.

Autoestradas de Galicia mantén activos a todos os efectivos de conservación, seguridade e de atención aos usuarios. Tamén permanecen sen cambios os equipos que aseguran a vialidade invernal da infraestrutura viaria e os traballadores do centro de control. A concesionaria galega contempla que parte do persoal poida teletraballar.

Seguindo en todo momento as directrices do Goberno de España, Autoestradas de Galicia continuará traballando para garantir o correcto funcionamento da AG-55 e AG-57 e manter a calidade dos seus servizos aos usuarios.

Autoestradas de Galicia e Bip&Drive facilitan o acceso á telepeaxe

07.10.2019. Autoestradas de Galicia e Bip&Drive facilitan o acceso dos usuarios á telepeaxe. Autoestradas de Galicia vén de lanzar unha bonificación do 50% para traxectos que se realicen entre as 00.00 horas e as 06.00 horas na AG-55 (A Coruña-Carballo) e na AG-57 (Puxeiros-O Val Miñor), financiada pola Xunta de Galicia. Para beneficiarse deste desconto, o pagamento debe realizarse mediante calquera dos dispositivos de telepeaxe que existen no mercado. A compañía Bip&Drive, participada por Itínere e polas principais concesionarias de autoestradas en España, acaba de poñer en marcha unha iniciativa pola que aqueles usuarios que soliciten a alta do servizo a través da súa páxina web pagarán unha cuota reducida de 10 euros + IVA o primeiro ano. Para acceder a esta promoción, o usuario debe introducir o código AUTOESTRADAS19 no momento da alta.

Dentro desta promoción, os servizos de Bip&Drive, dispoñibes en España, Portugal e Francia, inclúen a alta gratuita, así como tamén o dispositivo e o seu envío.

A compañía dispón de diferentes tarifas para os usuarios en función do uso da telepeaxe, que varían dende os 1,99 euros + IVA de cuota ao mes para uso ocasional aos 15 euros + IVA ao ano para uso frecuente. Dispón, ademais, de plans para empresas, motos e outras necesidades.

Os prezos dos diferentes dispositivos de telepeaxe no mercado poden variar ata os 20 euros de cuota anual e ata os 45 euros pola alta do servizo.

Bip&Drive xestiona un volume de 315 millóns de euros ao ano en tránsitos e acadou os 955.000 clientes en 2019. A compañía está participada por Itínere, entidade da que forma parte Autoestradas de Galicia, empresa concesionaria das autoestradas autonómicas AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Puxeiros-O Val Miñor).

A Xunta bonifica un 50% as viaxes nocturnas nas Autoestradas de Galicia

30.09.19. Autoestradas de Galicia lanza esta noite, ás 00.00 horas, unha bonificación do 50% para calquera traxecto que se realice entre as 00.00 horas e as 6.00 horas e que sexa abonado con telepeaxe. As horas da rebaixa contabilízanse no momento en que o vehículo pasa polo dispositivo de telepeaxe.
A bonificación aplícase a todo tipo de vehículos (lixeiros e pesados) en calquera traxecto nocturno e calquera día da semana, excepto domingos e festivos. A rebaixa está financiada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Autoestradas de Galicia mantén á rebaixa do 25% para calquera viaxe de ida e volta abonada con telepeaxe no mesmo día (excepto domingos e festivos), e a do 50% para a segunda e máis viaxes de ida e volta. Este desconto acumúlase co nocturno, segundo o novo convenio asinado por Autoestradas de Galicia e a Consellería de Infraestruturas. A Xunta, titular das Autoestradas de Galicia adica a estas bonificacións (durante 2019) un investimento de 0,93 millóns de euros.

O pagamento pode realizarse mediante calquera dos dispositivos de telepeaxe que existen no mercado. A compañía Bip&Drive (participada por Itínere e outras empresas especializadas na xestión de autoestradas) comercializa dispositivos de telepeaxe cun custo de 10 euros + IVA durante o primeiro ano e de 15 euros + IVA a partir do segundo ano. As condicións, vantaxes e prezos de Bip&Drive poden consultase na súa  páxina web.

Autoestradas de Galicia é unha sociedade concesionaria (pertenecente ao grupo Itínere) que xestiona as autoestradas Vigo-Baiona (AG-57) e A Coruña-Carballo (AG-55). O tramo de peaxe da AG-57 discorre entre Puxeiros (Vigo) e o Val Miñor, con 25 kilómetros de percorrido. A AG-55 conecta A Coruña coa Costa da Morte, cun percorrido de 32,5 kilómetros.

[PINCHA AQUÍ PARA VER DIARIO OFICIAL DE GALICIA]

[PINCHA AQUÍ PARA LER A NOTA DE PRENSA]

 

O tráfico das autoestradas medra un 23% en 5 anos

01.07.19. O tráfico nas Autoestradas de Galicia medrou un 22,84% de media nos últimos 5 anos. Na AG-55 A Coruña-Carballo, o crecemento durante este periodo foi do 20,18%, e na AG-57 Puxeiros-Val Miñor, do 25,5%, o que supón que a intensidade media diaria (IMD) pasou dun total de 11.048 vehículos na AG-55 (en 2013) a 13.278 vehículos (en 2018), e de 6.235 vehículos (en 2013) a 7.825 vehículos (en 2018) na AG-57. O tráfico total nas Autoestradas de Galicia acadou en 2018 os 21.103 vehículos diarios (IMD).

A autoestrada que máis incrementou o tráfico foi a AG-57 (Puxeiros-Val Miñor) cun crecemento de más de 3.200 vehículos diarios en 5 anos.

A Coruña-Carballo, 5 millóns de vehículos ao ano

15.06.19. A autoestrada entre A Coruña e Carballo (AG-55) rexistra un tráfico anual de 4,8 millóns de vehículos, o que a converte no tramo máis usado dos dous dos que dispón Autoestradas de Galicia. A Intensidade Media Diaria (IMD) é de 13.278 vehículos, con datos de 2018.
O outro tramo de Autoestradas de Galicia, Puxeiros-Val Miñor (AG-57) conta con 7.825 vehículos totales de IMD (2018) e un tráfico anual de 2,8 millóns de viaxes.

Os vehículos lixeiros, coches de carga máxima non superior a 3,5 toneladas, representan o 95% do táfico total da AG-55, xa que, a diario, transitan a autoestrada un total de 12.625 vehículos lixeiros fronte a 653 vehículos pesados.

No caso da AG-57, é transitada por 7.598 vehículos lixeiros ao día e 227 vehículos pesados.

España, único país europeo que aumenta as peaxes en sombra

10.06.19. España é o único país de Europa que reduciu a súa rede de autoestradas de peaxe no último ano, xunto con Croacia (-0,6%). España ten reducido a rede de autoestradas abonadas directamente polos usuarios nun 28%, pasando de 4.404 kilómetros de rede de pago en 2017 a 3.174,1 km en 2018. A cifra contrasta coa estratexia do resto dos países europeos. En Alemaña os kilómetros de autoestradas con peaxe aumentaron entre 2017 e 2018 nun +232,2%; Portugal (+21%); Turquía (+9,2%). Os datos proceden dun estudio elaborado pola Asociación Europea de Autopistas de Peaxe (Asecap) e Seopan.

Os custes de construcción e/ou mantenemento das vías de alta capacidade (autovías e autoestradas) seguen en Europa a estratexia de peaxe en sol, é decir, o de ser abonadas en todo ou en parte polos usuarios en vez de que se financien cos impostos de todos os contribuíntes (utilicen ou non as autoestradas).

España, ao revés que o resto dos países europeos, segue a tendencia das peaxes en sombra, é decir, estradas aparentemente gratuitas mais financiadas exclusivamente polos presupostos públicos.

No caso español, o aumento de peaxes en sombra responde (entre 2017 e 2018) á supresión da peaxe da AP-1 Burgos-Armiñón no mes de novembro, con 84,3 kilómetros de vía; e aos 3 kilómetros do Túnel de Sóller, en Baleares. Tamén deixaron de considerarse de pago algúns tramos libres, pero que estaban financiados polos que si tiñan peaxe, como as radiales 2, 3, 4 e 5 ou a AP-41 e a AP-36.

 

Autoestradas de Galicia bonifica cun 25% as viaxes de ida e volta

28.02.19. Autoestradas de Galicia desconta entre un 25% e un 50% todos os traxectos de ida e volta abonados con telepeaxe. A medida está en marcha dende hai 9 anos e intenta incentivar a mobilidade e aumentar a utilización das dúas autoestradas titularidade da Xunta de Galicia.

A bonificación exténdese a todo tipo de vehículos (lixeiros e pesados) e para calquera traxecto (diurno ou nocturno), abonado con telepeaxe, excepto os domingos e festivos.

O desconto funciona do seguinte xeito: calquera traxecto de ida e volta no mesmo día hábil ten un desconto na volta do 25%; no caso do segundo e demais percorridos, no mesmo día, aplícase un desconto do 50% no traxecto de volta. A bonificación está financiada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e aplícase nas dúas autoestradas de titularidade autonómica (AG-57 e AG-55)

Autoestradas de Galicia é unha sociedade concesionaria (pertenecente ao grupo Itínere) que xestiona as autoestradas Vigo-Baiona (AG-57) e A Coruña-Carballo (AG-55). O tramo de peaxe da AG-57 discurre entre Puxeiros (Vigo) e o Val Miñor, con 25 kilómetros de percorrido. A AG-55 conecta A Coruña coa Costa da Morte, cun percorrido de 62,5 kilómetros.