Autoestradas de Galicia e Bip&Drive facilitan o acceso á telepeaxe

07.10.2019. Autoestradas de Galicia e Bip&Drive facilitan o acceso dos usuarios á telepeaxe. Autoestradas de Galicia vén de lanzar unha bonificación do 50% para traxectos que se realicen entre as 00.00 horas e as 06.00 horas na AG-55 (A Coruña-Carballo) e na AG-57 (Puxeiros-O Val Miñor), financiada pola Xunta de Galicia. Para beneficiarse deste desconto, o pagamento debe realizarse mediante calquera dos dispositivos de telepeaxe que existen no mercado. A compañía Bip&Drive, participada por Itínere e polas principais concesionarias de autoestradas en España, acaba de poñer en marcha unha iniciativa pola que aqueles usuarios que soliciten a alta do servizo a través da súa páxina web pagarán unha cuota reducida de 10 euros + IVA o primeiro ano. Para acceder a esta promoción, o usuario debe introducir o código AUTOESTRADAS19 no momento da alta.

Dentro desta promoción, os servizos de Bip&Drive, dispoñibes en España, Portugal e Francia, inclúen a alta gratuita, así como tamén o dispositivo e o seu envío.

A compañía dispón de diferentes tarifas para os usuarios en función do uso da telepeaxe, que varían dende os 1,99 euros + IVA de cuota ao mes para uso ocasional aos 15 euros + IVA ao ano para uso frecuente. Dispón, ademais, de plans para empresas, motos e outras necesidades.

Os prezos dos diferentes dispositivos de telepeaxe no mercado poden variar ata os 20 euros de cuota anual e ata os 45 euros pola alta do servizo.

Bip&Drive xestiona un volume de 315 millóns de euros ao ano en tránsitos e acadou os 955.000 clientes en 2019. A compañía está participada por Itínere, entidade da que forma parte Autoestradas de Galicia, empresa concesionaria das autoestradas autonómicas AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Puxeiros-O Val Miñor).