Autoestradas de Galicia bonifica cun 25% as viaxes de ida e volta

28.02.19. Autoestradas de Galicia desconta entre un 25% e un 50% todos os traxectos de ida e volta abonados con telepeaxe. A medida está en marcha dende hai 9 anos e intenta incentivar a mobilidade e aumentar a utilización das dúas autoestradas titularidade da Xunta de Galicia.

A bonificación exténdese a todo tipo de vehículos (lixeiros e pesados) e para calquera traxecto (diurno ou nocturno), abonado con telepeaxe, excepto os domingos e festivos.

O desconto funciona do seguinte xeito: calquera traxecto de ida e volta no mesmo día hábil ten un desconto na volta do 25%; no caso do segundo e demais percorridos, no mesmo día, aplícase un desconto do 50% no traxecto de volta. A bonificación está financiada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e aplícase nas dúas autoestradas de titularidade autonómica (AG-57 e AG-55)

Autoestradas de Galicia é unha sociedade concesionaria (pertenecente ao grupo Itínere) que xestiona as autoestradas Vigo-Baiona (AG-57) e A Coruña-Carballo (AG-55). O tramo de peaxe da AG-57 discurre entre Puxeiros (Vigo) e o Val Miñor, con 25 kilómetros de percorrido. A AG-55 conecta A Coruña coa Costa da Morte, cun percorrido de 62,5 kilómetros.