España, único país europeo que aumenta as peaxes en sombra
10.06.19. España é o único país de Europa que reduciu a súa rede de autoestradas de peaxe no último ano, xunto con Croacia (-0,6%). España ten reducido a rede de autoestradas abonadas directamente polos usuarios nun 28%, pasando de 4.404 kilómetros de rede de pago en 2017 a 3.174,1 km en 2018. A cifra contrasta coa estratexia do resto dos países europeos. En Alemaña os kilómetros de autoestradas con peaxe aumentaron entre 2017 e 2018 nun +232,2%; Portugal (+21%); Turquía (+9,2%). Os datos proceden dun estudio elaborado pola Asociación Europea de Autopistas de Peaxe (Asecap) e Seopan.
Os custes de construcción e/ou mantenemento das vías de alta capacidade (autovías e autoestradas) seguen en Europa a estratexia de peaxe en sol, é decir, o de ser abonadas en todo ou en parte polos usuarios en vez de que se financien cos impostos de todos os contribuíntes (utilicen ou non as autoestradas).
España, ao revés que o resto dos países europeos, segue a tendencia das peaxes en sombra, é decir, estradas aparentemente gratuitas mais financiadas exclusivamente polos presupostos públicos.
No caso español, o aumento de peaxes en sombra responde (entre 2017 e 2018) á supresión da peaxe da AP-1 Burgos-Armiñón no mes de novembro, con 84,3 kilómetros de vía; e aos 3 kilómetros do Túnel de Sóller, en Baleares. Tamén deixaron de considerarse de pago algúns tramos libres, pero que estaban financiados polos que si tiñan peaxe, como as radiales 2, 3, 4 e 5 ou a AP-41 e a AP-36.