Novos descontos na AG-55 e na AG-57

10 de agosto de 2020. Os novos descontos da AG-55 e da AG-57 aplícanse a partir das 0,00 horas do próximo 11 de agosto. Autoestradas de Galicia e a Xunta de Galicia chegaron a un acordo para a aplicación de novas bonificacións nas peaxes, tanto para vehículos lixeiros como pesados. O convenio recolle tres tipos de descontos: para familias numerosas, para condutores frecuentes e para horario nocturno. Os usuarios que desexen beneficiarse dos mesmos deben dispor dun sistema de telepeaxe, levar o dispositivo Vía-T correctamente colocado e que este sexa o que corresponde á matrícula do vehículo.

As familias numerosas que empreguen un vehículo lixeiro e como sistema de pago o Vía-T non abonarán a viaxe de volta, sempre que a abonen dentro dun prazo máximo de 24 horas dende o paso pola peaxe no desprazamento de ida.  Ademais, deberán estar en posesión do título oficial de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia, solicitar a alta no apartado correspondente de Autoestradas de Galicia  e dispor dun certificado de titularidade do dispositivo Vía-T expedido pola entidade na que se adquiriu o mesmo e no que se inclúa a súa vixencia. Os descontos por familia numerosa aplícanse todos os días do ano.

Os usuarios que non sexan familia numerosa percibirán en días laborables (a excepción de domingos e festivos) un desconto do 25% na primeira viaxe de volta e un 50% nas seguintes de retorno.

Ademais, as autoestradas galegas reducen un 50% o custo da peaxe, tanto na ida como na volta, en horario nocturno (entre as 0,00 e as 6,00 horas).

Estes tres tipos de bonificacións son financiados pola Xunta de Galicia.

O desconto non se aplicará no caso de que o cliente leve o OBE caducado ou non o leve correctamente colocado no vehículo. Asemade, o desconto tampouco se aplicará no caso de que o usuario empregue un vehículo ou un OBE distinto ao comunicado á sociedade concesionaria ou esqueza levar o dispositivo no vehículo.

Para beneficiarte do desconto por familia numerosa date de alta aquí.

 

Resumo dos novos descontos:

 

Consulta aquí a publicación das bonificacións no Diario Oficial de Galicia (DOG)